viernes, 17 de junio de 2011

De copas en Bueu (Pontevedra)

Cats&Monkeys (Funk, Lugo), sábado 18 de xuño no Aturuxo!  
Cats & Monkeys voltan ó Aturuxo para facernos bailar de novo coa súa música funk. A banda reúne todo un elenco de músicos de moi diversas influencias que conflúen no funk. Unha proposta que intercala clásicos do funk actualizados con temas de nova factura sempre co denominador da música negra de baile. Buscan sobre todo que o público baile e se divirta ao máximo. Cats & Monkeys son No González as voces e a frauta; Javi Chu Perez e Toño Otero ós saxos; Andrián Lage á trompeta; Borja Topo García á batería; Adrián Bluz Arias os teclados; Óscar Charly Liz o baixo; Saulo Sause e Iván Reija ás guitarras e Nuno André á percusión.

http://www.myspace.com/catsandmonkeys
 

Anna Papa


No hay comentarios:

Publicar un comentario