jueves, 16 de junio de 2011

Sanxenxo Degusta Tapas

Máis de 20 establecementos incluído o noso Hotel Carlos Oroza participarán nesta iniciativa organizada por Turismo de Sanxenxo e que se prolongará desde el 10 de junio hasta el 3 de julio.

 
Cociña tradicional, pratos e combinacións innovadoras, produtos do mar ou propostas máis arriscadas. Este variado abanico de posibilidades é o que se atoparán os clientes que se acheguen durante o mes de xuño a varios establecementos hostaleiros de Sanxenxo. Un total de 24 locais participan este ano na nova edición de Sanxenxo Degusta Tapas con 56 propostas diferentes.
Cun prezo único de dous euros, a parte do da consumición, os clientes poderán degustar as diferentes tapas dos locais. Ademais, os que participen entrarán a formar parte dun sorteo con interesantes premios.
Para os establecementos, Sanxenxo Degusta Tapas funciona como un concurso no que serán xulgados por un xurado popular, cos votos dos consumidores, e un xurado de profesionais do mundo da cociña, que elixirán a mellor tapa tradicional e a máis creativa.
Nesta nova edición, dende Turismo Sanxenxo agardan mellorar os excelentes resultados do ano pasado, cando os 22 establecementos participantes despacharon máis de 6.000 tapas. 
 

Jéssica Estévez

No hay comentarios:

Publicar un comentario